Simulación de phishing para empresas

Correos simulados, nun contorno controlado, para saber como respondería o seu equipo antes de que o comprobe un atacante.

Unha simulación de phishing consiste en enviar ao seu persoal correos que imitan os que usan os atacantes, como facturas ou avisos de paquetaría, e medir quen fai clic, quen introduce datos e quen o reporta. Quen cae recibe nese momento unha explicación breve. Vostede recibe un informe coa evolución, non unha lista de culpables.

Como funciona unha campaña?

Acordamos con vostede o calendario e os modelos, adaptados ao seu sector, e como se informará o persoal de que haberá simulacións. Os correos concretos chegan sen aviso, como chegaría un real. A plataforma rexistra cada interacción e, ao pechar a campaña, vostede recibe o informe. As campañas repítense para ver se o comportamento mellora.

  • Deseño de campaña adaptado ao seu sector
  • Modelos que imitan correos reais (facturas, avisos de RR. HH., notificacións de bancos)
  • Medición de clics, envío de datos e reportes
  • Explicación inmediata para quen interactuou co correo
  • Informe para a dirección con tendencias e recomendacións
  • Campañas recorrentes para medir a mellora no tempo

Que se mide nunha simulación?

Mídense tres comportamentos: se a persoa abre a ligazón, se introduce datos na páxina falsa e se reporta o correo como sospeitoso. O terceiro é o que máis interesa, porque un equipo que reporta axiña converte un intento real nun aviso temperán para toda a organización.

IndicadorQue lle di
Clic na ligazónCantas persoas non recoñeceron os sinais do correo.
Introdución de datosCantas terían entregado un contrasinal ou outro dato a un atacante.
Reporte do correoCantas o identificaron e avisaron. É o indicador que convén ver subir.

Penalízase a quen cae na simulación?

Non. O obxectivo é aprender, non sinalar a ninguén. Quen interactúa co correo ve nese momento que sinais non detectou e, se fai falla, asígnaselle un módulo de formación. O informe para a dirección amosa tendencias; o detalle individual só o ve a persoa que vostede designe como responsable.

Os resultados dunha simulación son datos persoais do seu persoal. Tratámolos por conta da súa organización, cun contrato de encargo do tratamento (art. 28 RXPD). [[VERIFICAR: modelo de contrato de encargo do tratamento con clientes e subencargo a usecure]]

Cada canto convén repetir a simulación?

Unha soa campaña é unha fotografía; varias amosan unha tendencia. O habitual é repetilas ao longo do ano con modelos distintos, para que o equipo aprenda a recoñecer os sinais e non un modelo concreto. A cadencia acórdase con vostede segundo o tamaño do persoal e o que queira medir.

Incluído no plan único de NetSereno: 5,95 € por usuario e mes + IVE, sen permanencia e sen mínimo de usuarios.

Probe unha primeira campaña

Explicámoslle como preparar a primeira simulación e que informe recibirá ao rematar.

Solicitar unha simulación